Alimentos nudistas

Nova Zelandia acaba de sacar unha campaña pola que se compromete a facer que todas as embalaxes dos alimentos sexan totalmente reutilizables, reciclables o compostables para 2025. E polo visto funciona, as ventas de froitas e hortalizas subiron un 300%. fuente

Alimentos-desnudos2-e1549310412474

España é o quinto maior produtor de plástico da UE. Cada vez estamos máis concienciados co tema e tratamos de non ser tan dependentes deste material. Aínda así o Mediterráneo é xa case un basureiro fuente. Acumula o 1% da auga mundial e recolle o 7 por cento dos microplásticos globais e a cunca Mediterránea, onde viven 150 millóns de persoas produce as maiores cantidades de residuos urbanos sólidos per cápita, con entre 208 y 769 quilos por ano. Geenpeace

No ano 2018 prohibiuse a entrega gratuíta de bolsas de plástico nos comercios Real Decreto. Durante anos se nos dixo que a única solución era o reciclaxe pero en realidade  unicamente o 14% dos envases de plástico volve á vida. Que pasa co plástico que xa está na natureza? Que pasará no futuro sen compromiso da industria e dos propios gobernos?…

Non o sei, o que sí teño claro é que todo@s coñecemos a pequenos produtores, esas señoras que están fora no mercado de Redondela (ou calquera outro) vendendo as verduras da súa hortiña, esos agricultoras e agricultores ourensáns (ou de calquera parte de Galiza) que non  son case valorados e reciben unha miseria comparado coas grandes superficies.

redondela-cedera

Come verduras e froitas, de tempada e de proximidade, e sen plástico !!!! calendario